Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un gol de Camargo dálle o triunfo ao Dépor en Riazor

Un gol de Camargo dálle o triunfo ao Dépor en Riazor

G24.gal 30/10/2021 19:13

Na primeira metade os de Borja Jiménez controlaron o partido, aínda que nos primeiros minutos houbo intercambio de lanzamentos desde fóra da área.

Os de David Movilla cargaron o xogo ofensivo pola esquerda e desta volta remataba de cabeza Juanan, desviado.

Quiles estivo activo, pero non tivo a súa tarde cara a portería contraria, nin de cabeza, nin tampouco co pe logo do envío de Doncel desde a esquerda.

A segunda metade comezaba cunha oportunidade de Losada para o Zamora.

E chegaron os trocos de xogadores e de sistema. Entroutros, Álex por Menudo e Noel por Doncel. Na primeira do de Silleda pola dereita obriga a estirada de Villanueva; e na súa segunda intervención, tamén pola dereita, pase cara atrás e gol de William de Camargo, era o minuto 73.

O brasileiro dedicoulle a súas afección un baile que vale tres puntos.

O mellor dos zamoramos: Jon Villanueva en dúas consecutivas evita o segundo do Deportivo. Entre os destacados locais na segunda metade Menudo, que probou de múltiples xeitos pero non puido superar a Villanueva.

20 puntos, décima xornada, o Deportivo semella entrar noutra boa xeira.

As reflexións de Borja Jiménez logo da vitoria
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar