Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un galego, entre os tres mortos nun incendio en Murcia

Un galego, entre os tres mortos nun incendio en Murcia

Os falecidos tiñan 91, 88 e 59 anos.

A vivenda ardeu de madrugada por causas que se descoñecen

Antón Montero 09/05/2024 18:18 Última actualización 09/05/2024 19:39

O lume comezou de madrugada. Unha das vítimas, unha muller de 88 anos, foi quen deu a voz de alarma desde o seu dispositivo de teleasistencia.

"Empezou sobre as dúas da mañá e por unha chamada de asistencia da señora", conta o alcalde de Ricote Rafael Guillamón. "Deuse parte aos bombeiros e contactouse cun familiar que vive na vila, e non se puido facer nada".

Ademais da propietaria, morreu a súa parella, un galego de 91 anos co que levaba catro convivindo. A terceira vítima é o fillo da muller, de 59.

"El puido saír, pero como non podía sacar a súa nai, abrazouse a ela", contaba unha veciña. Outra sostiña a mesma tese: "Eu creo que si, porque o fillo falecido durmía xusto enriba dela e estaban os dous xuntos debaixo da escaleira abrazados".

Á falta dos resultados das autopsias, todo apunta a que os tres morreron intoxicados polo fume. A policía xudicial aínda non determinou as causas do suceso. O concello de Ricote decretou tres días de loito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar