Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aldama garda silencio na comisión que investiga a trama Koldo en Baleares

Aldama garda silencio na comisión que investiga a trama Koldo en Baleares

O presunto conseguidor acóllese ao seu dereito a non declarar

O exsubdirector de compras do goberno de Armengol confirma que recibiron unha chamada do ministerio de Transportes recomendando a empresa da trama

Victor de Aldama non quixo responder as preguntas dos deputados baleares
G24.gal 20/05/2024 14:14

Todo o mundo quería escoitalo, pero todos quedaron coas ganas. "Non vou declarar". Así, unha e outra vez. O empresario, Víctor de Aldama é o presunto comisionista da trama Koldo e o máis que lle foron capaces de sacar os deputados baleares foi: "Grazas por utilizar presunto por que é a primeira vez que o escoito durante este proceso".

Si falou Antoni Mascaró, o anterior subdirector de compras do servizo balear de saúde. Confirmou que recibiron unha chamada do ministerio que dirixía o ministro Ábalos ofrecéndolle esta empresa pero non identificou á persoa que chamou.

Mascaró defende que lle compraran as máscaras a Soluciones de Gestión por que "nese intre o prezo era o axeitado". Pero negou que estivesen defectuosas. Réstalle importancia a que asinara un certificado avalando como satisfactorio o contrato, cando as análises advertían de que non servían como FFP2.

Malia saber do problema, tardaron máis de tres anos en presentar unha reclamación. E fixérono tan só horas antes da saída de Francina Armengol do executivo. Esta semana está prevista a declaración da propia Armengol, do exministro de Transportes, José Luis Ábalos e tamén do seu exasesor, Koldo García.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade