Publicador de contidos
Publicador de contidos

Quince estudantes feridos ao afundirse unha escaleira nun instituto de Ponferrada

Quince estudantes feridos ao afundirse unha escaleira nun instituto de Ponferrada

Segundo fontes municipais, o estado dos feridos non reviste gravidade

Imaxe de arquivo de profesores e alumnos do IES Álvaro de Mendaña de Ponferrada nun intercambio cun centro educativo portugués na rede social X (@iesamendana) Imaxe de arquivo de profesores e alumnos do IES Álvaro de Mendaña de Ponferrada nun intercambio cun centro educativo portugués na rede social X (@iesamendana)
G24.gal 20/05/2024 13:52

Quince estudantes quedaron feridos, ao parecer leves, ao afundirse unha escaleira metálica no Instituto de Ensino Secundario (IES) Álvaro de Mendaña de Ponferrada (León), segundo informou o servizo de emerxencias 112 de Castela e León.

Varias chamadas alertaron ás 11:37 horas á sala do centro de emerxencias do incidente, polo que se activou á Policía Local de Ponferrada, ao Corpo Nacional de Policía, aos Bombeiros e a Emerxencias Sanitarias–Sacyl, que enviou ao lugar unha UVI móbil e unha ambulancia soporte vital básico.

No lugar, o persoal de Sacyl atendeu as vítimas, tres das cales foron trasladadas en UVI móbil e ambulancia de soporte vital básico ao Hospital do Bierzo, outras tres evacuadas pola policía ao mesmo centro asistencial e o resto conducido a un centro de saúde.

Fontes municipais precisaron a EFE que o estado dos feridos non reviste gravidade.

O director do centro educativo, Santiago González, explicou a EFE que a escaleira que se esborrallou salva o desnivel que hai entre os soportais da entrada e o patio e ten uns 40 anos de antigüidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade