Cargando resultados...
Un estudante armado mata unha universitaria e fire outros tres na universidade de Heidelberg
O agresor suicidouse tralo ataque

G24.gal
24/01/2022 20:30
Un estudante de 18 anos irrompeu armado esta mañá nunha clase da facultade de Medicina, na universidade de Heidelberg en Alemaña, onde disparou indiscriminadamente.
Unha universitaria morreu e polo menos hai tres feridos máis no ataque suicida. O agresor que levaba varias armas de longo alcance, suicidouse posteriormente.
A policía cre que actuou só e descarta a tese dun atentado relixioso ou terrorista. Están a desenvolver unha ampla operación para confirmalo e remiten a unha próxima rolda de prensa.
Parte do campus e as rúas que o rodean están pechadas para permitir o traballo dos equipos de emerxencia.