Publicador de contidos
Publicador de contidos

A defensa da armadora do Pitanxo atribúe supostas contradicións a Samuel Koufie ante a Audiencia Nacional

A defensa da armadora do Pitanxo atribúe supostas contradicións a Samuel Koufie ante a Audiencia Nacional

Pesquerías Nores insiste na tese dunha parada do motor e non nun embarre como causa do naufraxio

G24.gal 10/01/2023 14:40

A representación da armadora do Villa de Pitanxo, o pesqueiro de Marín afundido en febreiro pasado en augas de Terra Nova, move ficha de novo.

Tras o informe pericial que presentou ante a Audiencia Nacional cos datos de localización automática para apoiar a tese dunha parada do motor como causa do afundimento, agora acaba de depositar outro escrito no xulgado en que acusa de mentir a Samuel Koufie, un dos tres mariñeiros superviventes (xunto co patrón, Juan Padín, e co seu sobriño, Eduardo Rial).

No escrito, a defensa de Pesquerías Nores insiste en que o barco non tiña o aparello enganchado no fondo cando afundiu, é dicir, nega que houbese un embarre, tal e como declarou Koufie. Bota man, para soster esta tese, do atestado da Policía Xudicial e, de novo, dos datos de localización automática, e tamén fai referencia ás 

No mesmo escrito acusan a Samuel Koufie, un dos tres sobreviventes, de mentir respecto á situación na balsa salvavidas na que permaneceu cos outros dous sobreviventes ata que foi rescatado. Para iso poñen de manifesto contradicións á luz das testemuñas dos tripulantes do Playa Menduíña II, o barco que os rescatou. Samuel dixéralles que o patrón e o seu sobriño trataron de impedirlle subir á balsa salvavidas. Pero tanto ante a Garda Civil como ante o xuíz negou que iso sucedera.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade