Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un equipo de investigación busca nas peles da pataca e do melón usos na cosmética

Un equipo de investigación busca nas peles da pataca e do melón usos na cosmética

Están a investigar como xestionar os residuos industriais de xeito sostible e obter un valor engadido con eles

G24.gal 09/11/2021 23:22

As peles da pataca ou do melón poden aproveitarse para usos na industria farmacéutica ou cosmética. Ese é o obxectivo dun proxecto de investigación no Campus de Ourense financiado pola Xunta para conseguir realizar unha xestión máis sostible dos residuos da industria alimentaria e obter un valor engadido.

É o proxecto de investigación Tecnoloxías Sostibles para a Valorización. Na Facultade de Ciencias de Ourense buscan con técnicas de vangarda como obter compoñentes bioacivos das peles da pataca ou do melón. 

Están a investigar como xestionar os residuos industriais de xeito sostible e obter un valor engadido con eles incorporando, por exemplo, os antioxidantes que obteñen das peles noutras industrias como a farmacéutica. Na súa proposta científica pretenden dar solución a dous importantes retos para a sociedade. 

Os residuos industriais da alimentación causan importantes danos ambientais e custos económicos para a súa eliminación. Este proxecto de investigación da Universidade de Vigo no Campus de Ourense, pretender achegar novas solucións. Está financiado pola Xunta de Galicia e ten unha duración e catro anos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade