Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un coche que ía en sentido contrario bate contra outro nun túnel da AP-9 en Fene

Un coche que ía en sentido contrario bate contra outro nun túnel da AP-9 en Fene

Dúas persoas, un home e unha muller, tiveron que ser trasladadas ao hospital

G24.gal 28/01/2023 23:07 Última actualización 29/01/2023 18:06

Un condutor kamikaze provocou un aparatoso accidente na AP-9, no interior do túnel do Sartego, no concello de Fene.

O vehículo que circulaba en sentido contrario bateu de fronte contra outro. Como consecuencia da colisión, dúas persoas, un home e unha muller, tiveron que ser trasladadas ao hospital.

O accidente provocou retencións durante unha hora. Arestora, investíganse as circunstancias do suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos