Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un centro de saúde de Lugo, na proba piloto sobre o novo sistema de citas de Atención Primaria

Un centro de saúde de Lugo, na proba piloto sobre o novo sistema de citas de Atención Primaria

Busca é derivar o paciente ao profesional máis axeitado

G24.gal 25/10/2021 14:45

Hoxe arranca o novo sistema de citación nos centros de saúde. O prototipo estréase en dous ambulatorios, un deles está na cidade de Lugo.

O novo sistema de citación o que busca é derivar o paciente ao profesional máis axeitado para resolver o seu problema de saúde. Así, ao descolgar o teléfono, o persoal sanitario faralle a pregunta de cal é o motivo da súa consulta, e coa resposta saberá a atención que precisa e se ten que ser presencial ou telefónica.

O obxectivo é axilizar os circuítos e protocolos de atención nos centros de saúde co fin de mellorar a calidade asistencial. Este novo sistema foi bautizado como Xestión Integral da Demanda en Equipo. É pioneiro e único en España.

No seu deseño participaron máis de 40 profesionais que elaboraron unha guía con máis de 500 motivos de consultas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos