Publicador de contidos

Un atropelo xunto a un colexio en Madrid deixa unha nena morta e dúas feridas

Un atropelo xunto a un colexio en Madrid deixa unha nena morta e dúas feridas

A condutora era unha nai do colexio que daba marcha atrás

A nena falecida tiña seis anos, e as feridas, en estado grave, dez e doce

G24.gal 04/11/2021 19:10

Un descoido da nai duns alumnos do colexio Fomento Montealto de Madrid, mentres conducía un monovolume automático, foi o causante do triplo atropelo que provocou este xoves a morte dunha nena de seis anos e feridas graves a outras dúas de dez e doce respectivamente. A muller tentaba aparcar o vehículo e daba marcha atrás, pero accidentalmente avanzou cara a adiante e causou o atropelo.

Segundo confirmou Emerxencias Madrid, o suceso ocorreu sobre as 17:30 preto do colexio privado Fomento Montealto, en circunstancias que se investigan.

Unha nena de seis anos entrou en parada cardiorrespiratoria, por causa das lesións sufridas, da que non puido ser recuperada a pesar dos intentos dos sanitarios do Samur-Protección Civil. As outras dúas nenas foron hospitalizadas. 

A Policía Municipal fíxose cargo da investigación do triplo atropelo. Segundo varias testemuñas, o accidente tivo lugar cando a persoa que conducía o turismo se despistou e atropelou frontalmente as vítimas, alumnas do centro educativo pero non familiares.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade