Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un ano da vaga de incendios que asolou Ourense

Un ano da vaga de incendios que asolou Ourense

Arrasou máis de 56.000 hectáreas e destruíu 200 vivendas

Valdeorras, Trives, Monterrei e o Macizo Central foron as comarcas máis afectadas

G24.gal 14/08/2026 12:33

"Foi entrando polas casas, algunhas libráronse, pero o 90 por cento quedaron calcinadas". Así lembra un veciño de San Vicente de Leira, en Vilamartín de Valdeorras, o pesadelo vivido hai agora un ano. Pese á súa idade e a que é unha comarca afeita a combater os incendios forestais, asegura que foi algo sen precedentes.

"Nin o lembro eu nin creo que ninguén da aldea acorde nada parecido", engade.

A vaga de incendios de mediados de agosto de 2025 arrasou máis de 56.000 hectáreas. Foi a maior catástrofe forestal na historia recente de Galicia: destruíu preto de 200 vivendas e afectou máis de 800 quilómetros da rede viaria. Valdeorras, Trives, Monterrei e o Macizo Central foron as comarcas máis afectadas.

Catro bombeiros forestais quedaron feridos de gravidade. Un deles, de tan só 18 anos, estivo varios meses ingresado no CHUAC con queimaduras de terceiro grao no 40 por cento do corpo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar