O incendio de Huesca afecta xa 10.000 hectáreas e obriga a desaloxar preto de 900 persoas
O lume en Las Peñas de Riglos mantén evacuados 17 núcleos e un cámping
Máis de 500 efectivos traballan para conter o avance
Na provincia de Huelva só permanece activa a fronte leste
Goberno de Aragón
O incendio foretal declarado en Las Peñas de Riglos (Huesca) afecta xa unhas 10.000 hectáreas e obrigou a evacuar tamén o núcleo de Anzánigo, polo que ascenden a 891 as persoas desaloxadas.
En total, permanecen evacuados 17 núcleos habitados e un cámping. Os 36 veciños de Anzánigo foron trasladados provisionalmente ao pavillón Ayerbe tras a activación dunha alerta ES-Alert.
O operativo mantén despregados máis de 500 efectivos e 35 medios aéreos, mentres as autoridades solicitaron a Francia tres medios aéreos adicionais para refrozar os traballos de extincións. Os equipos céntranse en conter as reproducións do lume, consolidar os perímetros e garantir a seguridade a poboación.
A situación tamén afecta as comunicacións, con varios tramos de estradas cortados e a circulación ferroviaira suspendida en Sabiñángo e Ayerbe. O flanco dereito continúa sendo o que máis preocupa aos responsables de extinción.
O incendio de Niebla queda acurralado nun único fronte activo
O operativo de extinción do incendio de Niebla (Huelva) conseguiu reducir a actividade do lume a unha única zona no sector leste, polo que queda atrás a situación de "fóra de capacidade de extinción" que se mantiña ata agora.
O flanco sur xa non presenta actividade tras os traballos realizados na zona de Los Carneros, mentres que os sectores noroeste e norte permanecen tranquilos e en fase de arrefriamento, aínda que baixo vixilancia ante posibles reactivacións.
Os efectivos concentran agora os esforzos no sector leste, co obxectivo de evitar novos saltos dos lume nas estradas que conectan Aznalcóllar con El Álamo e El Castillo de las Guardas, na provincia de Sevilla.