Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha muller ferida grave nun aparatoso accidente en Vigo

Unha muller ferida grave nun aparatoso accidente en Vigo

A Garda Civil investiga as causas do sinistro que se produciu na estrada que vai ao campus

Dous vehículos colidiron frontalmente e a condutora dun deles tivo que ser liberada polos bombeiros

Os usuarios da EP 2005 piden melloras na vía, sobre todo con condicións meteorolóxicas adversas

G24.gal 18/11/2025 18:12 Última actualización 19/11/2025 14:52

A colisión foi na estrada provincial 2005, que une Cabral co campus de Vigo. Foi un choque frontal por causas que aínda se descoñecen e que investiga a Garda Civil. Como consecuencia do impacto a condutora dun dos vehículos quedou atrapada e tivo que ser liberada polos bombeiros de Teis e trasladada en estado grave ao hospital. Os condutores din que é unha vía con moito tráfico, curvas moi seguidas e pouca iluminación.

O estado desta vía, coñecida como a estrada das Plantas, empeora cando chega o inverno. Os condutores din que hai que extremar as precaucións cando as condicións meteorolóxicas son adversas.  

O condutor do outro vehículo implicado tivo que ser tamén trasladado a un centro sanitario, malia que o seu estado non revestía gravidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade