Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ucraína ordena a evacuación da rexión de Donetsk

Ucraína ordena a evacuación da rexión de Donetsk

Zelenski di que cantos máis marchen, menos persoas terán tempo de matar os rusos

G24.gal 31/07/2022 13:44

O Goberno ucraíno ordenou a evacuación obrigatoria da rexión de Donetsk, no Donbás. 
Zelenski admitiu que hai centos de miles de persoas, moitas familias con nenos, que se negan a marchar, pero prometeulles apoio loxístico e económico

O presidente díxolles que canta máis xente abandone a rexión agora, menos persoas terá tempo de matar o exército ruso.

A rexión é obxecto dos ataques máis duros dos últimos días, como o efectuado contra un cárcere en mans dos rusos que deixou medio cento de prisioneiros ucraínos mortos. Un ataque do que as partes se acusan mutuamente.

Actualmente no Donbás, o exército de Kíiv só loita para defender posicións. No sur si está tratando de recuperar territorio, concretamente o que limita con Crimea, en poder ruso desde 2014. 

Precisamente, Rusia denunciou este domingo que Ucraína atacara nesa península o cuartel xeral da súa frota no Mar Negro cun dron. O gobernador de Crimea asegurou que había seis feridos, ao tempo que Ucraína negaba ser responsable do ataque e falaba de provocación.

Mentres en Rusia, Putin anunciaba que en breve vai contar con mísiles hipersónicos de cruceiro practicamente indetectables, con capacidade para alcanzar obxectivos a milleiros de quilómetros e unha rapidez cinco veces superior á do son. Dicíao durante a celebración do día da armada rusa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade