Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ucraína descarta acordar con Rusia un cesamento do fogo a cambio de concesións territoriais

Ucraína descarta acordar con Rusia un cesamento do fogo a cambio de concesións territoriais

Kíiv asegura que Moscova aproveitaría para fortalecerse e atacar de novo con máis saña

G24.gal 22/05/2022 13:49 Última actualización 22/05/2022 14:00

Ucraína admite que a situación é extremadamente difícil no Donbás. Rusia concentra a súa ofensiva en controlar o 10 % que lle falta da rexión de Lugansk. A cidade de Severodonetsk é o branco dos ataques. As autoridades rexionais din que os rusos a están destruíndo como fixeron con Mariupol.

Ucraína espera que a chegada de máis armamento occidental, en particular artillería, axude a equilibrar forzas con Rusia e que lle permita realizar contraataques. Zelenski insistiu en que precisan armas estratéxicas.

Kíiv asegura que facerlle concesións territoriais a Putin e acordar un cesamento do fogo sería contraproducente. Un asesor de Zelenski explica que Moscova empregaría a pausa para fortalecerse e volver ao combate con máis forza.

Rusia afirma que nas últimas 24 horas destruíu seis postos de mando e matou 210 combatentes do exército ucraíno. Ucraína di que repeleu nove ataques rusos contra as dúas rexións do Donbás e que golpeou armamento inimigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade