Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ucraína denuncia un ataque ruso contra Khárkiv que deixa cando menos 49 mortos

Ucraína denuncia un ataque ruso contra Khárkiv que deixa cando menos 49 mortos

O Ministerio de Defensa ucraíno denuncia que mísiles rusos impactaron nunha zona sen interese militar onde había unha cafetería e unha tenda de comestibles

Imaxe: Ministerio de Defensa de Ucraína Imaxe: Ministerio de Defensa de Ucraína
G24.gal 05/10/2023 16:21

Polo menos 48 persoas morreron hoxe nun ataque contra unha zona residencial dunha vila do distrito de Kupiansk, na provincia de Khárkiv, no nordés de Ucraína, que as autoridades de Kíiv atribúen ao Exército ruso.

Segundo denunciou o Ministerio de Defensa ucraíno, tratouse dun ataque contra unha zona onde non había obxectivos militares e onde os mísiles que impactaron nunha cafetería e unha tenda de comestibles. Entre as vítimas hai un neno de seis anos.

Desde Granada, onde participa no cume europeo, o presidente ucraíno, Volodímir Zelenski.

“Un crime claramente brutal de Rusia, un ataque con mísil contra unha tenda de produtos alimentarios, un acto totalmente deliberado de terrorismo”, escribiu Zelenski na súa conta de Telegram, onde publicou unha imaxe do resultado do ataque.

O presidente ucraíno lembrou que está en conversacións con varios líderes europeos para reforzar as defensas antiaéreas ucraínas e poder protexer mellor as súas vilas e cidades de ataques como o de hoxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade