Publicador de contidos

Publicador de contidos

Turróns de polbo ou de crioulo en Vigo e na Coruña

Turróns de polbo ou de crioulo en Vigo e na Coruña

O mestre turroneiro de "La formigueta" arrisca con sabores pouco convencionais: tamén de mojito ou licor café

G24.gal 02/12/2025 19:50

O mestre turroneiro Antonio José Vega, andaluz criado en Figueres, asentouse en Vigo atraído polo seu nadal . Pero agora vende tamén na Coruña. "La formigueta" está na rúa do Príncipe e en María Pita.

Alí podemos atopar turróns para sorprender: de polbo á feira, de crioulos, de queixo, de mojito, de licor café. Mesmo de choiva con diferentes sabores. Este ano está arrasando todo o que leve pistacho.

Ofrece 257 referencias. Os clásicos seguen funcionando pero as novidades tamén. E compran tanto turistas como vigueses ou coruñeses.

Estes días o obradoiro dos turróns funciona a toda máquina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade