Trump impoñerá aranceis do 100 % aos medicamentos importados
As novas tarifas inclúen tamén un 50 % aos gabinetes de cociña e tocadores de baño, 30 % aos mobles tapizados e 25 % aos camións pesados

O presidente dos EUA, Donald Trump, anunciou o xoves que impoñerá novos aranceis a partir do 1 de outubro: 100% aos medicamentos farmacéuticos e outros produtos serán afectados.
A través das súas redes sociais, Trump subliñou que estas tarifas forman parte do seu plan para diminuír o déficit federal e estimular a manufactura dentro do país.
As novas tarifas inclúen tamén un 50 % aos gabinetes de cociña e tocadores de baño, 30 % aos mobles tapizados e 25 % aos camións pesados.
O mandatario, con esta acción, mantén a súa postura proteccionista tras impoñer xa gravames sobre outros produtos en agosto, reflectindo a súa convicción de que os aranceis poden fortalecer a economía nacional.
Expertos advirten que os novos impostos poderían ter consecuencias negativas sobre a economía.
Entre os posibles efectos menciónanse un incremento da inflación, que xa se atopa elevada, e un freo ao crecemento económico, nun contexto onde os empregadores aínda se axustan aos aranceis previos.
O sector privado podería verse particularmente afectado, xa que os aumentos nos custos de ensumimos e bens poderían trasladarse aos consumidores. Desde produtos farmacéuticos ata artigos para o fogar e transporte pesado, os expertos alertan sobre a presión adicional que estas medidas poderían xerar nos fogares estadounidenses.
"Comezamos a ver que os prezos dos bens reflíctense nunha maior inflación", advertiu o presidente da Reserva Federal, Jerome Powell, nunha recente conferencia de prensa.