Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump considera inaceptable a resposta de Irán ao plan de paz

Trump considera inaceptable a resposta de Irán ao plan de paz

Con esta resposta Trump dificulta a posibilidade da fin a guerra

Teherán advirte que impedirá o paso a Ormuz aos que lles compliquen 

REUTERS/Elizabeth Frantz REUTERS/Elizabeth Frantz
G24.gal 10/05/2026 21:35

Donald Trump, considerou "totalmente inaceptable" a resposta de Irán á proposta de paz dos Estados Unidos.

"Acabo de ler a resposta dos chamados 'representantes' de Irán. Non me gusta, TOTALMENTE INACEPTABLE!", escribiu o mandatario na súa rede social Truth Social.

A declaración de Trump prodúcese despois de que Irán presentase este domingo a súa resposta á proposta de EE.UU. para a resolución da guerra en Oriente Medio.

Resposta de Irán

​​​​​​A resposta da República Islámica ao plan de paz do Estados Unidos inclúe o levantamento de sancións económicas sobre a República Islámica, o fin do bloqueo de Washington aos portos iranianos e o manexo iraniano do estreito de Ormuz se EE.UU. cumpre con algúns "compromisos", segundo reportou a axencia Tasnim a madrugada deste luns.

A proposta iraniana tamén especifica que o estreito de Ormuz, o escenario de tensións entre Washington e Teherán que ten en albas a economía global, sexa manexado pola República Islámica baixo algúns "compromisos" non especificados por parte de EE.UU..

Ademais, inclúe unha cláusula para un cesamento do fogo en Líbano, algo que é unha "liña vermella" para Teherán segundo a fonte recollida por Tasnim. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade