Publicador de contidos

Publicador de contidos

Putin e Zelenski acordan un cesamento do fogo do 9 ao 11 de maio

Putin e Zelenski acordan un cesamento do fogo do 9 ao 11 de maio

Trump asegurou que o acordo entre Moscova e Kíiv foi a petición súa

A tregua inclúe o intercambio dun milleiro de prisioneiros

Ataque ruso en Zaporiyia o 5 de maio. Reuters Ataque ruso en Zaporiyia o 5 de maio. Reuters
G24.gal 08/05/2026 20:41

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, asegurou este venres que os seus homólogos de Rusia e Ucraína, Vladímir Putin e Volodímir Zelenski, acordaron, a petición súa, un cesamento do fogo entre o 9 e 11 de maio que inclúe suspender todo ataque e un intercambio de mil prisioneiros de cada país.

"Compráceme anunciar que haberá un cesamento do fogo de tres días (9, 10 e 11 de maio) na guerra entre Rusia e Ucraína. A celebración en Rusia é con motivo do Día da Victoria; do mesmo xeito, celébrase en Ucraína, dado que este país tamén foi un elemento fundamental e xogou un papel capital na Segunda Guerra Mundial", escribiu Trump nunha mensaxe en Truth Social.

"Este cesamento do fogo incluirá a suspensión de toda actividade cinética, así como un intercambio de 1.000 prisioneiros de cada país. Esta solicitude foi realizada directamente por min, e agradezo enormemente que fose aceptada tanto polo presidente Vladímir Putin como polo presidente Volodímir Zelenski", engade o texto.

O republicano di que espera que esta tregua sexa "o principio do fin dunha guerra moi longa, letal e arduamente librada".

O anuncio de Trump chega despois de que Moscova declarase unilateralmente unha tregua os días 8 e 9 de maio con motivo do Día da Victoria, no que Rusia celebra a súa vitoria sobre a Alemaña nazi na II Guerra Mundial.

O Ministerio de Defensa de Rusia denunciou este venres que Ucraína non se sumou a esa tregua unilateral de 48 horas e que continuou atacando as posicións das tropas rusas e obxectivos na retagarda.

Esa denuncia chegou pouco despois de que Zelenski acusase pola súa banda a Moscova de non respectar esa mesma tregua durante a noite do xoves ao venres”. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade