Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump di que Irán non está a cumprir o acordado sobre o tránsito de cru en Ormuz

Trump di que Irán non está a cumprir o acordado sobre o tránsito de cru en Ormuz

O presidente dos EUA advirte a Irán de que desista de cobrar peaxe por atravesar o estreito

Nas últimas horas, varios buques petroleiros atravesaron o paso

Impacto dun mísil israelí en Beirut, este xoves (Reuters) Impacto dun mísil israelí en Beirut, este xoves (Reuters)
G24.gal 10/04/2026 08:11

O presidente estadounidense, Donald Trump, denunciou este xoves en redes sociais que Irán está a facer un traballo moi deficiente á hora de deixar pasar buques petroleiros polo estreito de Ormuz e que iso non é o que Washington e Teherán acordaron o pasado martes á hora de declarar un cesamento do fogo momentáneo.

"Irán está a facer un traballo moi deficiente —deshonroso, dirían algúns— ao permitir o paso do petróleo a través do estreito de Ormuz. Ese non é o acordo que temos!", escribiu o republicano nunha breve mensaxe na súa rede social Truth Social.

Trump xa advertiu a Irán horas antes de que debía desistir de inmediato de realizar cobranzas a petroleiros por atravesaren o estreito, por mor de informes que apuntaban a posibles tarifas impostas por Teherán a embarcacións que crucen o paso marítimo.

"Hai informes de que Irán está a cobrar tarifas aos petroleiros", dixo Trump na súa mensaxe anterior en Truth Social, na que engadiu: "Máis lles vale que non o fagan, e, se o fan, que deixen de facelo de inmediato!".

De acordo con reportes do monitor global de buques Kpler, algunhas embarcacións con bandeiras de Palaus e Gabón foron avistadas atravesado a vía marítima, vital para o comercio global de hidrocarburos, o cal indica que o tráfico marítimo podería estar empezando a normalizarse tras o  acordo de cesamento do fogo alcanzado por Washington e Teherán.

Á súa vez, a cadea Fox News informou de que un buque petroleiro con bandeira India atravesou este venres tamén o estreito.

Os EUA aceptaron o acordo de cesamento do fogo de dúas semanas con Irán á condición de que a República Islámica, que limitou o tráfico en Ormuz tras o inicio da guerra o 28 de febreiro, implementase a apertura completa, inmediata e segura do paso.

Dous días despois de alcanzado o acordo, persiste a incerteza sobre a súa solidez ante a esixencia de Teherán de que O Líbano sexa incluído no alto ao fogo e os ataques de Israel contra obxectivos de Hezbollah no país veciño cesen.

Está previsto que Washington e Teherán inicien o sábado negociacións en Islamabad para alcanzar un acordo de paz. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade