Trump di que a frota enviada a Irán está lista para actuar como en Venezuela
O presidente dos Estados Unidos agarda que Irán sente "pronto" na mesa de negociacións para chegar a un acordo "xusto e equitativo" para todas as partes e no que non haxa "armas nucleares"
O Goberno iraniano dixo que considera máis probable unha confrontación bélica que unha negociación cos Estados Unidos
Pintura antiamericana en Teherán. Reuters.
O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, asegurou este mércores que a frota de barcos que enviou a Irán está lista para "cumprir a súa misión con rapidez e violencia", como en Venezuela.
"Do mesmo xeito que en Venezuela, (a frota) está lista, disposta e capacitada para cumprir a súa misión con rapidez", e con "violencia si es necesario", advertiu Trump nunha publicación en la rede social Truth Social
Na mesma rede tamén dixo esperar que Irán sente "pronto" a la mesa de negociacións para chegar a un acordo "xusto e equitativo" para todas as partes e no que non haxa "armas nucleares".
"O tempo acábase, é realmente esencial! Como xa lle dixen a Irán unha vez, CHEGUEN A UN ACORDO! Non o fixeron e produciuse a operación Martelo de Medianoite", rememorou o presidente republicano, facendo referencia ao ataque dos Estados Unidos durante a coñecida como guerra dos doce días que Israel iniciou contra Irán en xuño de 2025.
Esa contenda supuxo "unha gran destrución para Irán", pero a próxima arremetida "será moito peor": "Non deixen que iso volva suceder", alertou Trump na súa rede social.
A mensaxe do republicano chega despois de que chegase a Oriente Próximo unha frota da Armada estadounidense que Trump ordenara dirixirse cara a Irán tras as protestas que sacudiron o país desde finais de decembro de 2025.
As protestas, especialmente as dos días 8 e 9 de xaneiro, foron sufocadas violentamente plo réxime da República Islámica, pero xa no hai manifestacións relevantes no país.
Pese a iso, Trump mantivo a súa instrución de enviar a frota á rexión. Así, o "enorme" continxente da Armada dos Estados Unidos, liderado polo portaavións nuclear Abraham Lincoln, diríxese cara a Irán con "rapidez", "determinación" e "entusiasmo", e é aínda maior que o enviado a Venezuela para a operación que acabou coa detención de Nicolás Maduro.
O Goberno iraniano, pola súa banda, sinalou este mércores que considera máis probable unha confrontación bélica que unha negociación cos Estados Unidos, tras días de incremento da tensión entre ambos países pola decisión de Trump de enviar unha frota á zona.