Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump chega a un acordo con fabricantes de automóbiles para reducir aranceis

Trump chega a un acordo con fabricantes de automóbiles para reducir aranceis

O primeiro ano ofrecerase a quen fabrique os seus vehículos no país un reembolso do 15 % para compensar o custo dos aranceis

(REUTERS/Wolfgang Rattay-Arquivo) (REUTERS/Wolfgang Rattay-Arquivo)
G24.gal 29/04/2025 21:36

A Casa Branca confirmou este martes o peche dun pacto con fabricantes de automóbiles nos Estados Unidos para reducir o impacto dos aranceis que a Administración do presidente do país Donald Trump impuxo ás importacións de vehículos.

Trump, considerou este martes que o acordo cos fabricantes automobilísticos para aliviarlles os aranceis é unha axuda a curto prazo ao sector durante este período de transición.

"Só queriamos axudalos durante esta pequena transición, a curto prazo. Se non conseguen pezas, non queriamos penalizalos", dixo á prensa camiño de Michigan, onde vai celebrar os primeiros 100 días do seu segundo mandato.

O primeiro ano ofrecerase a quen fabrique os seus vehículos no país un reembolso do 15 % para compensar o custo dos aranceis, precisaron membros da administración á prensa.

Ese reembolso sería do 10 % o segundo ano, para lle dar ao fabricantes tempo para trasladar a produción de partes aos Estados Unidos. Esas rebaixas aplicaríanse tanto a empresas nacionais como estranxeiras con fábricas de automóbiles nos EUA.

Os gravames actuais do 25 % sobre os autos importados aos Estados Unidos mantéñense, pero a medida anunciada agora alivia o seu impacto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade