Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump ameaza a Irán cunha resposta "nunca vista" se ataca os Estados Unidos

Trump ameaza a Irán cunha resposta "nunca vista" se ataca os Estados Unidos

O presidente dos Estados Unidos desmárcase dos ataques israelís a Irán e asegura que o seu país "non tivo nada que ver"

Trump nun acto en Washington este sábado. REUTERS/Carlos Barria Trump nun acto en Washington este sábado. REUTERS/Carlos Barria
G24.gal 15/06/2025 08:23 Última actualización 15/06/2025 09:27

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, asegurou este domingo que o seu país non tivo nada que ver co ataque de Israel a Irán.

"Os Estados Unidos non tiveron nada que ver co ataque a Irán desta noite", asegurou o mandatario republicano nunha mensaxe na súa rede Truth Social.

Porén, advertiu que se Irán ataca os EUA de calquera forma, "a forza e ​​o poderío das Forzas Armadas estadounidenses caerán sobre vostedes a niveis nunca vistos". 

"Con todo, podemos chegar facilmente a un acordo entre Irán e Israel e poñer fin a este sanguento conflito", subliñou.

A mensaxe de Trump prodúcese horas despois de que o primeiro ministro de Israel, Benjamin Netanyahu, asegurara que está a actuar co "claro apoio" do presidente dos Estados Unidos nos seus ataques a Irán, segundo un videocomunicado difundido pola oficina do mandatario.

"Isto é o que Israel está a facer co apoio, o claro apoio do presidente de Estados Unidos, Donald Trump, e o pobo americano e moito outros no mundo", dixo Netanyahu nun comunicado en inglés.

Os Estados Unidos e Irán deberían celebrar este domingo unha reunión en Omán para negociar o plan nuclear do país persa que finalmente foi anulada. 

Con todo, Washington dixo este sábado que segue "comprometido" coas conversas nucleares que mantén con Irán, tras o intercambio de ataques entre Teherán e Israel deste venres. 

"Aínda que non haberá reunión o domingo, seguimos comprometidos coas conversas e agardamos que os iranianos senten pronto á mesa", indicou un alto funcionario da Administración nun comunicado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade