Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía busca o sospeitoso de asasinar a congresista demócrata Melissa Hortman

A policía busca o sospeitoso de asasinar a congresista demócrata Melissa Hortman

O sospeitoso, de 57 anos, fuxiu a pé tras disparar na súa propia casa á expresidenta da Cámara de Representantes de Minnesota e ao seu esposo

Noutro ataque resultou gravemente ferido o senador John Hoffman

G24.gal 15/06/2025 14:37

As autoridades estadounidenses continúan buscando o sospeitoso de perpetrar senllos ataques contra dous demócratas en Minnesota. 

Neses ataques morreu asasinada no seu domicilio a congresista demócrata Melissa Hortman xunto ao seu marido. Noutro ataque resultou gravemente ferido o senador John Hoffman. As autoridades están a investigar estes casos.

A policía de Minnesota e o FBI seguen buscando un home armado que se fixo pasar por policía e matou a asambleísta estatal.

O gobernador Tim Walz calificouno como un "asasinato por motivos políticos". O sospeitoso, de 57 anos, fuxiu a pé tras disparar na súa propia casa á expresidenta da Cámara de Representantes de Minnesota Melissa Hortman e ao seu esposo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade