Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump vai demandar a BBC por alterar o seu discurso antes do asalto ao Capitolio

Trump vai demandar a BBC por alterar o seu discurso antes do asalto ao Capitolio

O presidente dos EUA anunciou que van reclamar unha indemnización de "entre 1.000 millóns e 5.000 millóns de dólares"

A cadea británica recoñeceu que usou unha edición "enganosa" do discurso ao unir fragmentos de diferentes momentos

Trump fala coa prensa a bordo do Air Force One. REUTERS/Annabelle Gordon Trump fala coa prensa a bordo do Air Force One. REUTERS/Annabelle Gordon
G24.gal 15/11/2025 08:29 Última actualización 15/11/2025 09:11

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, asegurou este venres que a vindeira semana podería interpoñer unha demanda millonaria contra a BBC despois de que a cadea británica admitira un erro ao editar o seu discurso relacionado co 6 de xaneiro de 2021.

"Imos esixir unha cantidade de entre 1.000 millóns e 5.000 millóns de dólares", dixo o mandatario ao grupo de prensa que o acompañou durante a súa abordaxe ao avión presidencial en Washington antes de partir rumbo á Florida.

"Teño que facelo", concluíu.

A BBC recoñeceu esta semana que o seu programa Panorama usou unha edición "enganosa" do seu discurso, que tivo lugar o día do asalto violento ao Capitolio, ao unir fragmentos de diferentes momentos que podían alterar o seu sentido.

O equipo legal de Trump sostén que esa edición omitiu a frase na que lles pedía aos seus seguidores marcharen "pacífica e patrioticamente", o que, asegura, danou a súa reputación ao vinculalo cos actos violentos dese día.

A cadea británica pediu desculpas e cualificou o caso como un "erro de xuízo", aínda que afirma que non existe base legal para unha demanda por difamación relacionada co contexto do 6 de xaneiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade