Publicador de contidos

Publicador de contidos

Troitiño, sobre a moción de censura: "Isto era algo orquestrado desde antes de gañar as eleccións"

Troitiño, sobre a moción de censura: "Isto era algo orquestrado desde antes de gañar as eleccións"

G24.gal 27/12/2023 15:19 Última actualización 27/12/2023 15:24

O próximo 10 de xaneiro vaise debater na asemblea do automobilismo galego a moción de censura contra Antonio Rodríguez Troitiño por parte dun grupo liderado Alfonso García Eiriz. Troitiño leva un ano no cargo, tras suplir a Iván Corral, e Alfonso García estivo con Troitiño no cambio federativo. Aos poucos meses Troitiño prescindiu de Eiriz.

Agora aparece unha moción de censura. Troitiño considéraa legal, pero ilexítima.

"Está claro que isto era algo orquestrado desde antes de gañar as eleccións".

"Hai xente que estaba da man de Iván Corral que traballa duro para que a moción saia".

"A moción vai ser positiva porque vai acabar co mal ambiente".

O titular do automobilismo galego considera "surrealista" que "moitos dous que calaron durante 40 anos ante un modelo de xestión autoritario e unipersoal, agora se subleven en menos dun ano".

Os asembleístas votarán a citada moción o próximo día 10 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Salón Teatro de Lalín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade