Publicador de contidos

Publicador de contidos

Triunfo importante do Obradoiro 76-87 ante o Betis, un rival directo

Triunfo importante do Obradoiro 76-87 ante o Betis, un rival directo

G24.gal 25/10/2021 19:47

O Obradoiro acadou a primeira vitoria a domicilio e curtou en Sevilla cunha xeira de dúas derrotas. Partido igualado na primeira parte, que Obradoiro inclinou no terceiro cuarto cun parcial de 24-15, liderado por Robertson. Pero Betis reaccionou no último da man de Evans e deixou o partido nun 76-78, dous arriba pro Obra, a falta dun minuto. Aí chegou a xogada clave, cun rebote entre Brown e Ellenson que os colexiados sinalaron como salto entre dous. No medio da indignación da afección e da prensa andaluza, que o tachaba mesmo de desprezo arbitral.

A frecha deulle a posesión a Obradoiro que, a seguir, acribillou ao Betis cunha tripla de Hobbs, tres tiros libres de Robertson e outra tripla final de Ellenson. Parcial de 9-0 pro 76-87 final. Triunfo revitalizador despois do pao de Murcia que enche aos galegos de confianza e tranquilidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade