Triunfo do Racing, empate do Pontevedra e derrota do Celta B no inicio da 1ª RFEF
O partido do Deportivo ante o DUX foi adiado
Coudet comprobou que o xogador que marca as diferenzas no filial celeste é Miguel Rodríguez, futbolista polo que chegan ao club ofertas da Segunda División. Ten 19 anos. Desequilibrante no caneo, rápido e potente, con pegada. Con gol. Este Celta B mudou a súa filosofía de vida. Oito canteiráns no equipo titular. Estaba Miguel. Pero tamén Carlos, o central, ou Gabri Veiga, un que si agrada moito a Coudet. Xogou ben o filial do Celta, pero antes do gol de Miguel tivo descoidos atrás e eses erros defensivos penalizárono. Dous goles do San Sebastián de los Reyes para gañar en Barreiro.
Mellor foi a estrea do Pontevedra en Pasarón: un punto ante un dos candidatos a estar na zona alta. Un punto que ata sabe a pouco. Porque o Alcorcón tirou do balón parado. E o Pontevedra, malia ese gol, foi un equipo atrevido, con ritmo, que empatou, cun tanto de Brais Abelenda, e que tivo moitas, moitas ocasións durante a segunda metade para culminar a remonta.
A única vitoria galega da xornada foi a do Racing de Ferrol, o sábado, no campo do Raio Majadahonda