Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres Tinkle completa a rotación do Obradoiro

Tres Tinkle completa a rotación do Obradoiro

O ala pivote chega procedente do Le Mans, onde promediou 11,7 puntos e 5,1 rebotes

G24.gal 05/08/2023 11:22

O Obradoiro acelerou nas últimas horas para completar o cadro de xogadores de cara á vindeira temporada. Onte anunciaba ao escola Howard e hoxe confirmou a fichaxe da peza que lle faltaba a Moncho Fernández. 

Trátase do ala pivote Tres Tinkle, un xogador de 27 anos e 2,03 de altura. Ao igual que Howard, ten experiencia de dous anos no baloncesto europeo. Chegou a Cremona en 2021 e o ano pasado en Le Mans fixo uns números moi interesantes; 11,7 puntos e 5,1 rebotes. 

Formado nos Oregón State Beavers (NCAA) entre 2015-20 foi gañando peso no equipo ata acreditar case vinte puntos por partido. Xogou un ano na USA2, nos Raptors, antes de dar o salto ao vello continente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade