Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres motoristas falecidos en Galicia e 441 denuncia por infraccións en catro meses

Tres motoristas falecidos en Galicia e 441 denuncia por infraccións en catro meses

A Garda Civil de Tráfico incrementará os controis de velocidade alcol e drogas en motocicletas e ciclomotores

A Garda Civil aumentará os controis en trazados revirados e zonas de afluencia turística
G24.gal 29/04/2022 13:21

Coa chegada do bo tempo, hai un aumento de motocicletas e ciclomotores nas estradas. Por iso a partir de agora a Garda Civil vai incrementar a vixilancia sobre estes vehículos, sobre todo nas fins de semanas e días festivos. Van poñer especial atención a infraccións como os excesos de velocidade, non manter a distancia de seguridade ou os adiantamentos antirregulamentarios.

No que vai de ano houbo 75 accidentes con 3 falecidos e 12 feridos graves. En canto ás denuncias, houbo 441 sendo as de maior número as motivadas por un exceso de velocidade, seguido de infraccións por consumo de alcol e en terceiro lugar por drogas.

"Atopamos moito excesos de velocidade, distraccións que provocan saídas de vía. E preocúpanos moito alcol e drogas que no que vai de ano levamos 80 positivos en motocicletas. Po riso imos incrementar os controis neses aspectos, tanto con dispositivos visibles como este en tramos xenéricos, como con vehículos de colores comerciais, dispositivos máis discretos para detectar eses imprudentes que non cumpren normas de velocidade, alcol, drogas e outras imprudencias", asegura Hector Teixeira, axente da Garda Civil de Tráfico.


Os controis de velocidade van ser máis comúns nas estradas galegas onde hai unha especial afluencia de motoristas, como zonas de trazados revirados ou zonas de praias. A Garda Civil recomenda levar sempre casco e roupa con proteccións axeitadas, atención as incidencias que se poidan atopar nos percorridos e respectar as normas.

"Os motoristas son un colectivo vulnerable que nos preocupa, como peóns ou ciclistas, porque son mortes en caso de accidentes case seguras, e son accidentes evitables e podemos reducir ese número de accidentes e número de vítimas. No que levamos de ano morreron tres motoristas nas estradas galegas e aínda non comezou o bo tempo polo que prevemos que esa cifra vaia en aumento. Por iso temos que controlar e reducir o perigo que poida sufrir un motorista que vaia seguro pola imprudencia de outro, como o motorista imprudente que vai acabar coa súa vida", afirma Teixeira.

Tráfico pon en marcha esta fin de semana a campaña por coincidir con bo tempo e un aumento de desprazamentos pola ponte do 1 de maio que se celebra nalgunhas comunidades.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar