Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres bombeiros de Laza parten cara a Chile para axudar a combater os incendios

Tres bombeiros de Laza parten cara a Chile para axudar a combater os incendios

Os tres forman parte dun continxente de 31 efectivos que España envía ao país latinoamericano 

G24.gal 09/02/2023 19:41 Última actualización 09/02/2023 20:05

Os tres bombeiros de Laza partiron esta tarde cara a Madrid onde se van sumar ao grupo de 31 efectivos que España vai enviar mañá a Chile, onde desde o domingo está xa un continxente da Unidade Militar de Emerxencias. 

A situación que se vive no país latinoamericano é extremadamente complicada, cunha vaga de preto de 300 incendios que desde o pasado día 1 asolan o centro e o sur do país.

Máis de cinco mil efectivos están despregados xa polas zonas devastadas polos incendios, que, de momento, deixan 24 mortos, máis dun milleiro de vivendas estragadas e unhas 300.000 hectáreas arrasadas, 

Así o recoñece o propio Goberno chileno, que alerta de que as cousas poden complicarse máis porque o centro e o sur do país sofren unha seca prolongada con temperaturas inusualmente altas que rozan os 40 graos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade