Publicador de contidos
Publicador de contidos

Busca contra o reloxo de sobreviventes nas zonas devastadas polo tremor

Busca contra o reloxo de sobreviventes nas zonas devastadas polo tremor

As últimas cifras oficiais falan de 2.122 persoas mortas, pero algúns xornais marroquís duplicaron a cifra o domingo

As autoridades de Marrocos aceptaron a axuda ofrecida por España, Qatar, o Reino Unido e os Emiratos Árabes

G24.gal 10/09/2023 21:48 Última actualización 10/09/2023 23:12

Os equipos de rescate traballan contra o reloxo para localizar persoas atrapadas, pero o tempo corre na súa contra. Traballan intensamente, convencidos de que nas próximas horas aínda poden aparecer sobreviventes.

Mentres, nas zonas afectadas prepáranse para pasar outra noite á intemperie. As dez réplicas rexistradas esta fin de semana, unha das cales chegou este domingo aos 4,5 graos na escala Richter, non contribúen a tranquilizar.

As últimas cifras oficiais falan de 2.122 persoas mortas, malia que algúns xornais marroquís dixeron este domingo que eran máis de 4.900.

Máis da metade faleceron na provincia de Al Haouz, preto do epicentro. O resto morreu en Taroudant, Chichaoua, Ouarzazate, Marrakech , Azilal, Agadir, Casabranca, Al Youssufia e Tinguir.

A Organización Mundial da Saúde calcula que hai 300.000 persoas afectadas dun xeito ou doutro polo sismo, entre elas, están 2.421 feridas, 1.400 en estado grave.

Máis axuda internacional

O Goberno marroquí indicou este domingo que podería recorrer a máis axuda internacional a medida que avanzan as operacións de auxilio e rescate de vítimas.

Na etapa actual as autoridades do país magrebí aceptaron a axuda ofrecida por España, Catar, o Reino Unido e os Emiratos Árabes, que "propuxeron equipos de procura e rescate".

O peor da historia

De acordo co boletín difundido polo Instituto Nacional de Xeofísica marroquí, o terremoto, de magnitude 7, sacudiu a rexión setentrional de Marrakech sobre as 23:11 hora local do venres, a 8 quilómetros de profundidade.

As autoridades locais din que o terremoto, con epicentro na localidade de Ighuil, a sesenta quilómetros de Marrakech, foi o peor da súa historia como país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade