Publicador de contidos

Publicador de contidos

Controlado un incendio nun edificio de Castelló tras confinar varios veciños

Controlado un incendio nun edificio de Castelló tras confinar varios veciños

O lume calcinou parte dun inmoble de dez andares sen causar vítimas, aínda que un bombeiro foi evacuado nunha ambulancia

G24.gal 16/04/2025 19:31 Última actualización 16/04/2025 20:38

Os bombeiros conseguiron controlar na tarde deste mércores un incendio que calcinou un edificio de dez plantas en Castelló de la Plana.

Polo de agora non hai constancia oficial de vítimas, aínda que varias persoas tiveron que ser confinadas nas súas vivendas.

Segundo fontes de emerxencias, o incendio comezou na novena planta dun edificio situado na rúa Fernando o Católico.

O aviso recibiuse ás 17:50 horas, e ata a zona desprazáronse polo menos catro dotacións cunha vintena de bombeiros, ademais de servizos sanitarios e unidades da Policía Local, que cortaron varias rúas ao tráfico.

Un bombeiro foi evacuado nunha ambulancia arredor das 20:00 horas, aínda que non transcenderon máis detalles sobre o seu estado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade