Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trasladan dous menores e tres adultos intoxicados por monóxido de carbono en Sanxenxo

Trasladan dous menores e tres adultos intoxicados por monóxido de carbono en Sanxenxo

A mala combustión dun xerador de electricidade provocou a contaminación da vivenda

G24.gal 29/01/2026 10:33

Cinco membros dunha familia, dous menores e tres adultos, foron trasladados a centros sanitarios tras sufrir unha intoxicación por monóxido de carbono pola mala combustión dun xerador de electricidade instalado no garaxe da vivenda de Sanxenxo.

Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse minutos antes das 07:00 horas deste xoves e foi un dos afectados o que deu a voz de alarma e pediu asistencia porque toda a familia estaba moi mareada.

No domicilio, situado na parroquia de Gondar, había dous menores e tres adultos e que foron evacuados a diferentes hospitais. Os menores e un adulto ao Hospital Provincial e outras dúas persoas ao Hospital de Montecelo en Pontevedra.

Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os membros do GES de Sanxenxo, que realizaron as medicións necesarias para confirmar a presenza de monóxido de carbono na vivenda.

Finalmente, ventilaron, examinaron o inmoble e comprobaron que a orixe da mala combustión que reduciu os niveis de osíxeno necesarios era un xerador de electricidade instalado no garaxe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade