Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chega a España evacuada desde O Congo en estado moi grave a enfermeira viguesa Candelas Varela

Chega a España evacuada desde O Congo en estado moi grave a enfermeira viguesa Candelas Varela

Xa está ingresada en Madrid para recibir tratamento

Está afectada por unha malaria moi agresiva e atópase en coma

Leva máis de 20 anos na república Democrática do Congo

G24.gal 04/09/2022 15:45 Última actualización 04/09/2022 22:51

A enfermeira de Vigo Candelas Varela Vázquez que leva 25 anos no hospital Monkole de Kinshasa, na República Democrática do Congo está moi grave tras levar varias semanas cunha infección de malaria.

Este domingo foi repatriada a España nun avión medicalizado para recibir tratamento aquí.

O traballo da viguesa Candelas Varela no Congo, un dos países máis pobres e conflitivos, xa foi amplamente recoñecido desde o momento da súa chegada ao país africano en agosto de 1997.

O seu labor focalízase nos nenos desfavorecidos que sen a existencia do hospital Monkole non terían acceso á sanidade. En 2020 foi decisiva a súa intervención para que un neno congolés de 10 anos, Emmanuel, fora operado en Valencia polo doutor Pedro Cavadas dun enorme tumor na cabeza. A historia do cativo, que non sobreviviu, conmoveu daquela a toda España.

A enfermeira viguesa, de 50 anos, leva en estado moi grave varias semanas por unha malaria agresiva. Hai uns días, ante o agravamento da súa saúde, os médicos decidiron inducirlle o coma e trasladala xa como último recurso a España.

Houbo que fretar un avión medicalizado París-Kinshasa-Madrid. Unha vez en España, realizarán unha avaliación do seu estado para determinar se a ingresan na Clínica Universitaria de Navarra de Madrid ou se a poden trasladar a Pamplona.

Candelas Varela naceu en Santiago en 1971 pero pasou a súa infancia e mocidade en Vigo. Tras diplomarse en Enfermería en Navarra traballou en varios hospitais de Logroño e en Povisa ata que en 1997 chegou a Kinshasa, onde dirixe a escola de enfermeiras ISSI-Monkole.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade