Publicador de contidos

Tras a pandemia chegan un 20 % máis de residuos téxtiles á depuradora de Bens

Tras a pandemia chegan un 20 % máis de residuos téxtiles á depuradora de Bens

Toalliñas e máscaras provocan atascos e avarías na depuradora de augas residuais por valor duns 300.000 euros ao ano

G24.gal 05/11/2021 21:27

Coa pandemia aumentou o uso das toalliñas e das máscaras. Son residuos de fibras téxtiles que se deberían tirar ao lixo, pero seguen chegando á depuradora de Bens.

Na maioría dos casos estas fibras son biodegradables, pero iso é cuestión de tempo. Nas instalacións prodúcense atascos e avarías. Uns danos cuxo custo se achega aos 300.000 euros anuais.

A depuradora de Bens dá servizo a máis de 400.000 habitantes dos concellos de Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros e A Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade