Publicador de contidos

Publicador de contidos

Transportes adxudica a renovación da vía férrea Redondela-Arcade por 20 millóns

Transportes adxudica a renovación da vía férrea Redondela-Arcade por 20 millóns

As obras, que se executarán nun treito de case 8 quilómetros, teñen por obxectivo incrementar a calidade do servizo, segundo o Ministerio

Eliminarase o paso a nivel de Cesantes de uso peonil e farase outro baixo a vía 

Imaxe de arquivo/Europa Press Imaxe de arquivo/Europa Press
G24.gal 05/05/2026 18:24

As obras de renovación do treito ferroviario entre a bifurcación de Redondela e Arcade, en total de 7,8 quilómetros, foron adxudicados por 20,3 millóns de euros, informou este martes nun comunicado o Ministerio de Transportes.

A obra prevista, segundo indica o Ministerio, busca "modernizar e aumentar a capacidade da rede ferroviaria" e posibilitar un incremento do tráfico de pasaxeiros e mercancías, así como mellorar a calidade do servizo.

O treito adxudicado inclúe 2,7 quilómetros electrificados e as obras prevén renovar carrís, travesas, balasto e desvíos; consolidar e reforzar desmontes e adecuar as 16 pontes, alén de renovar o sistema de drenaxe.

Ampliación do gálibo dos cinco túneles e supresión do paso a nivel en Cesantes 

Os traballos pretenden ademáis ampliar o gálibo dos cinco túneles do traxecto para permitir servizos de autoestrada ferroviaria e a futura electrificación do tramo a 25 kV para a súa conexión co Eixo Atlántico, segundo o Ministerio.

Os plans inclúen, ademais, suprimir o único paso a nivel existente de uso peonil na paraxe de Cesantes, situado no municipio de Redondela, por un paso baixo a vía.

As obras forman parte dun plan de modernización da liña do Miño entre Ourense e Vigo, cun orzamento de 265 millóns de euros, que inclúe obras simultáneas en estacións, túneles e sinalización para adaptar a rede galega ao denominado corredor Atlántico e reforzar a conexión con Portugal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade