Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tráfico intensifica a vixilancia do transporte escolar en Galicia, a comunidade con maior número de rutas

Tráfico intensifica a vixilancia do transporte escolar en Galicia, a comunidade con maior número de rutas

Na campaña realizada en febreiro tramitáronse denuncias a 199 autobuses dos 465 inspeccionados

Controlarase especialmente que os nenos leven acompañante cualificado nos traxectos

G24.gal 13/12/2021 13:02

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) inicia este luns unha campaña especial de vixilancia do transporte escolar nas estradas de Galicia, que é a comunidade con maior número de rutas escolares de España.

Segundo os datos das autoridades educativas, en cada curso académico préstase servizo de transporte escolar a máis de 95.000 alumnos duns 900 centros educativos públicos, concertados e privados de toda Galicia.

A campaña, similar á realizada o pasado febreiro, cando se controlaron 465 vehículos e se formularon 338 denuncias a 199 autobuses, prestará especial atención á necesidade de que os menores vaian acompañados por unha persoa debidamente cualificada nos desprazamentos.

As estatísticas da DXT revelan que o 90 % dos accidentes durante o transporte escolar ocorren no momento de subir ou baixar do vehículo, ou xusto nos instantes inmediatos, e, en moitos casos, son atropelos causados por unha distracción do menor, do condutor do transporte escolar ou dos acompañantes.

Por iso e ata o próximo 17 de decembro intensificaranse os controis preventivos, especialmente en estradas convencionais e en vías urbanas, co obxectivo de concienciar pais, responsables educativos e condutores de autobuses da importancia de cumpriren as normas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar