Publicador de contidos
Publicador de contidos

Toni García "Os dous equipos galegos son aposta segura para o playoff de ascenso"

Toni García "Os dous equipos galegos son aposta segura para o playoff de ascenso"

O director deportivo do Unionistas quixo agradecer o apoio da afección coruñesa na última xornada de Liga

G24.gal 29/05/2022 15:29

Vive momentos convulsos o Unionistas de Salamanca, con problemas para continuar na 1ªRFEF polas esixencias da Federación sobre o céspede do Reina Sofía. En Riazor, este exemplo de fútbol popular viviu unha derradeira xornada na que tivo opcións de clasificarse para o playoff ata o final. Todo isto nun ambiente de cordialidade e agarimo entre as dúas afeccións, algo que quixo agradecer na Radio Galega o seu director deportivo Toni García.

"Foi un día emotivo, con duás afeccións irmandadas, xa acontecera en Salamanca. Foi un espectáculo e  moi difícil de atopar no fútbol actual. O día foi histórico para o club e para a cidade. Nun lugar emblemático como Riazor, no minuto 23 que cantamos o himno da antigua Unión, foi un espectáculo. Tiñamos marcada a última xornada dende hai tempo, a lume. era un día especial nun campo de primeira división e que volverá a ser. A afección, xogadores e plantel foi de dez. Tivemos unha semana complicada, coa decisión de pagar, coa axuda dos socios, o troco de céspede.  Buscamos as liñas de autofinanciamento, as doazóns para chegar a 300 mil euros. Foi unha axuda dos socios, pero tamén de xente de toda España, de Coruña houbo moito apoio, que amosa que hai gañas de fútbol de Salamanca"

 

Sobre o playoff ao que non puido chegar o Unionistas, tamén falou Toni García

"Desexo o mellor a Rácing e Deportivo. O coruñes é un club de primeira e cedo ou tarde regresará. Ogallá en dúas semanas poida estar en segunda. Ao Rácing, que está facendo as cousas moi ben con Carlos Mouriz, tamén lle desexo o mellor. Creo que son dous grandes equipos.  Son aposta segura para este playoff"

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos