Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tito Díaz: "O medo é incompatible co Breogán"

Tito Díaz: "O medo é incompatible co Breogán"

G24.gal 17/05/2022 17:17

Tito Díaz comeza a preparar o futuro do Río Breogán, consciente do reto que terá tras unha campaña extraordinaria.

Visitamos o director xeral do Río Breogán no Pazo, aínda saboreando as alegrías desta temporada. Temporada que repasou coa Televisión de Galicia. Un carrusel de emocións.

Non houbo un día tranquilo na casa do Río Breogán, pero o final foi unha festa. Agora chega o máis difícil, manter ese nivel. 

Aquel equipo de 1985 rematou sexto, e o de hoxe acaba undécimo superando con nota o obxectivo inicial da permanencia e coa bola extra de ter sido protaqonista na Copa. A tempada, non obstante, tivo os seus momentos críticos. A Covid e as lesións encadeadas do treito final do campionato e, sobre maneira, a marcha do adestrador na xornada 14, co equipo sétimo clasificado, tensaron a corda.

O Breogán superou o cambio no banco con nota e mesmo viviu na xornada 27 o reencontro con Paco Olmos. Con asubíos na bancada, o saúdo dos xogadores e un perdoa, pero non esquece, do club.

Para o Breogán, revelación da liga, comeza agora o máis difícil. A tempada despois. O reto de non morrer de éxito. Unha repetición dos Musa, Mahalbasic, Kalinovski ou Trae Bell-Haynesfaise case imposible para o presuposto axustado dos lugueses. Queda por decidir, amais, se Europa é asumíbel.

Tito Díaz xogou a Copa Korac do 85-86 e ten a lección aprendida, pero a paixón breoganista esta rebordada e a el correspóndelle o papel de árbitro entre as vanglorias e vaidades, e o sentido común.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos