Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ribera desvincula a suba do prezo do gas alxerino da postura española sobre o Sáhara

Ribera desvincula a suba do prezo do gas alxerino da postura española sobre o Sáhara

Teresa Ribera di que este incremento non é novo e que responde a unha política comercial

G24.gal 08/04/2022 14:53

A ministra para a Transición Ecolóxica desvincula a postura do Goberno sobre o Sáhara da suba de prezo do gas alxeriano. Teresa Ribera di que este incremento non é novo, e que responde a unha política comercial.

"Que Alxeria diga que agora se revisan os prezos dos contratos do subministro de gas a España non é ningunha novidade, xa o dixo en outubro. E non é unha relación entre gobernos, senón unha relación comercial entre compañías. É unha negociación que se produce periodicamente e que adoita levar moito tempo", explicou a vicepresidenta terceira e ministra de Transición Ecolóxica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar