Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ana Sandamil di que non lle faría dano conscientemente a Desirée

Ana Sandamil di que non lle faría dano conscientemente a Desirée

O estado mental da acusada, clave na repetición do xuízo polo crime de Muimenta

G24.gal 27/02/2023 11:00 Última actualización 27/02/2023 20:46

Un veredicto pouco argumentado obriga a repetir o xuízo polo crime de Muimenta. Ana Sandamil, condenada no primeiro a prisión permanente revisable polo asasinato da súa filla Desirée, volve sentar no banco dos acusados.
Mantén que non lembra o que pasou e que nunca lle faría dano á nena conscientemente. E a preguntas das partes incide na súa fraxilidade mental cando ocorreron os feitos.

"Para que preparou unha botella con tramadol? Porque nese momento me sentía moi angustiada e desexaba desaparecer de este mundo", respondía Sandamil á preguntas da fiscalía.

Unha situación que vincula a episodios de maltrato e acoso por parte do pai de Desirée, episodios que nunca denunciou. Meses antes dos feitos Sandamil asegura que oía voces e sufría delirios. Pensaba que a querían matar e sospeitaba de todo e de todos.

"Pola miña cabeza pasaba de todo. Tiña medo, sentía que me espiaban".

 O seu avogado incide na precaria saúde mental de Sandamil.

"Cando se produce a morte da nena  a acusada presentaba un trastorno grave da personalidade e un cadro psicótico con clínica delirante, afimaba o defensor de Sandamil, , Luis Rifón.

As acusacións particulares rexeitan estes argumentos.

"Si, tiña un trastorno. Si, afectaba ao seu control de impulsos en momentos de tensión, pero non garda relación co que fixo", dixo o avogado José Manuel Ferreiro.

Para a Fiscalía hai probas de que Sandamil matou a nena e as súas facultades mentais  non lle impedían distinguir o ben do mal. Durante unha semana un novo xurado escoitará as testemuñas e expertos e a revisión das probas do crime da pequena Desirée hai case catro anos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade