Publicador de contidos

Publicador de contidos

O temporal causa asolagamentos e graves danos no Porto

O temporal causa asolagamentos e graves danos no Porto

As fortes chuvieiras anegaron o centro do Porto e deixaron rúas inundadas, sobre todo na zona de San Bento

G24.gal 07/01/2023 18:11 Última actualización 07/01/2023 18:59

O temporal de choiva e vento que castiga este sábado gran parte de Portugal causou danos materiais, inundacións e cortes de tráfico no Porto, a segunda cidade do país.

A choiva asolagou a estación de San Bento, a máis importante da cidade, e obrigou a interromper o servizo de metro e a circulación en varias zonas.

Os bombeiros recibiron 150 solicitudes de axuda en apenas hora e media, aínda que, polo momento, non se contabilizaron danos persoais.

Protección Civil lanzou o venres unha alerta por temporal durante a fin de semana en todo o país, con especial incidencia nas rexións Norte e Centro, e advertiu de que as condicións poden empeorar nas próximas horas.

As rúas inundadas, con lama e o chan levantado foron as imaxes da enxurrada no Porto.

Reparacións na Baixa no Porto tras as chuvieiras Reparacións na Baixa no Porto tras as chuvieiras
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade