Tapia e o seu compromiso co Celta: "Explotei e acabei no hospital"
Tapia insistiu: "É bonito que xente que non ten arraigamento, porque non é a súa terra, se identifique co club"
O internacional peruano Renato Tapia, futbolista do Celta, recoñeceu que a última semana de competición foi moi dura para el porque o seu equipo chegou á última xornada da Liga coa “presión” de verse inmerso na pelexa por eludir o descenso.
“Terminei no hospital, subiume a presión, baixoume, estiven mareado, con ganas de vomitar... Non pola situación, senón porque cheguei a un estado que había cousas externas que estaban na miña mente e explotei. Iso demostra que estaba comprometido co club”, destacou o futbolista.
Neste sentido, o centrocampista, que onte entrou na segundo parte o partido contra o F. C. Barcelona, deixou entrever o seu desgusto polas críticas ao seu rendemento deportivo ao longo da tempada:
“Moita xente dicía que o meu nivel baixara, pero o que eu podo achegar ao club é algo totalmente distinto e creo que o fixen. Síntome orgulloso, dei o cento por cento e voume tranquilo á miña casa, independentemente de que fose protagonista ou non”.
"É bonito que xente que non ten arraigamento, porque non é a súa terra, se identifique co club".