Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tanxugueiras non irán a Eurovisión malia seren as máis votadas pola audiencia

Tanxugueiras non irán a Eurovisión malia seren as máis votadas pola audiencia

O xurado coas súas votacións colocou a Tanxugueiras en quinto lugar, o que impediu que fosen as gañadoras do Benidorm Fest

Chanel representará a España en Turín con SloMo

G24.gal 30/01/2022 00:19

Na final de Benidorm, Tanxugueiras levan unha cousa en claro: son as favoritas do público. Así o demostraron cos seus votos. Levaron a máxima puntuación por parte do público -a través do televoto- e tamén do xurado demoscópico. 

A pesar destes bos resultados, o xurado decidiu deixalas na quinta posición coas súas puntuacións, polo que non poderán representar a España no festival de Eurovisión. Finalmente será Chanel quen viaxe a Turín co seu tema SloMo.

Esta final non estivo exenta de polémica. O público non comprendeu como unha actuación que non se situaba entre as favoritas puido ser finalmente a escollida. Tanto Tanxugueiras coma Rigoberta Bandini ou Rayden eran as principais apostas dos eurofáns.

Ademais, as redes sociais cuestionan a validez do tema para presentalo a Eurovisión porque podería non cumprir as bases do concurso.

Unha actuación con detalle pulidos

Na actuación deste sábado, Tanxugueiras presentou unha proposta con algunhas modificacións, especialmente significativas na realización audiovisual. Desta vez, houbo máis primeiros planos a Olaia, Aida e Sabela e o aturuxo soou con forza en Benidorm, un detalle que non pasou por alto na primeira semifinal.

A pesar de non resultaren as elixidas para ir a Eurovisión, Tanxugueiras amósanse infinitamente agradecidas e prometen representar a nosa cultura "en todos os escenarios do mundo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar