Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tanxugueiras: "A canción que presentamos a Eurovisión é máis nós ca nunca"

Tanxugueiras: "A canción que presentamos a Eurovisión é máis nós ca nunca"

As pandeireteiras presentaron a candidatura para representar España no festival e son as favoritas dos eurofans nas redes sociais

G24.gal 19/11/2021 14:30

Teñen a axenda completa, pero puideron facer un alto no camiño para atender a Televisión de Galicia en Cangas. Logo de meses sendo as favoritas nas votacións populares dos seareiros do festival de Eurovisión, xa fixeron oficial a súa candidatura.

Se acadan a representación, defenderán unha nova canción na final de Turín, prevista para o mes de maio. Velaquí van algunhas pistas.

O anuncio culmina un ano moi especial para estas pandeireteiras e cantareiras dispostas a exploraren todas as sonoridades desde a música tradicional galega. 

Tanxugueiras pecharán a xira de 'Contrapunto', o seu segundo disco, cun concerto o domingo 28 en Culturgal con moitas sorpresas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade