Cargando resultados...
Tambre Golf & Croquet acolle o Torneo Bilateral entre as seleccións de España e Inglaterra
Na selección española está este ano o galego Eduardo Núñez, de 18 anos
O torneo, anual entre os dous países, dispútase entre o 2 e o 4 de maio
G24.gal
03/05/2025 14:06
Os tres campos de Tambre Golf & Croquet acollen esta fin de semana o quinto torneo bilateral entre España e Inglaterra.
Na selección española atopamos ao número 14 do mundo e a Eduardo Núñez. Vigués de dezaoito anos, comezou xogando cuns amigos e a familia, e xa é internacional.
España marcha con vantaxe, e intenta gañar o Torneo por segunda vez, por tres dos ingleses.
O propio Eduardo vaticina unha vitoria española pero axustada, na xornada do domingo.