Tamara Abalde regresou ás pistas co Ensino logo de seis meses de baixa
Tamara Abalde: "Aínda teño medos, o cerebro xoga malas pasadas"
Tamara Abalde regresou ás pistas co Ensino logo dun longo período de baixa de seis meses por mor dunha lesión no ombreiro.
Primeiros minutos da temporada en competición oficial, na pista do Spar Gran Canaria e na casa. A lesión obrigáraa a parar cando aínda non comezara nin a fase previa do Eurocup nin a liga feminina. A recuperación de Abalde foi acollida con ilusión tamén no equipo, que conta coa internacional galega para levantar o voo e non pasar apuros no treito final da temporada.
Aló polo mes de agosto visitabamos a Tamara Abalde e alí estaba, soa, no ximnasio. Se volviamos uns meses despois ás veces viámolo algo co grupo. Ou de cando en vez pola pista para probar sensacións. Mais o normal era o ximnasio e soa, un mes, outro mes, outro.
"Pensei de todo, foi longo e moitas horas soa. Foi frustrante, foron moitos meses... non vía a luz"
"Aínda teño medos, o cerebro xoga malas pasadas"