Cargando resultados...
Susto nun restaurante de Ourense ao caer o falso teito
Había clientes nas mesas, pero non houbo feridos

G24.gal
07/02/2024 18:26
No mediodía deste mércores produciuse un suceso nun céntrico restaurante da cidade de Ourense, onde caeu un falso teito, aínda que sen producir feridos. Os feitos tiveron lugar durante a quenda de comidas, mentres varios clientes se atopaban nas mesas.
Con todo, non houbo que lamentar danos persoais. O estrondo chamou a atención dos comensais e, en cuestión de menos dun minuto, tras o ruído, derrubouse parte do falso teito e caeron obxectos colgantes tales como lámpadas e decoración. Ata o lugar desprazouse a Policía Local de Ourense, así como bombeiros e 061.
Xa está aberta unha investigación para determinar as causas do suceso.